|
Datos del Pueblo |
Adelan |
|
Pueblo |
Parroquia: Adelan (Santiago) |
|
Municipio/Concejo |
Alfoz / Comarca: A Mariña Central |
|
Provincia |
Lugo |
|
Comunidad |
Galicia |
|
habitantes 2003 |
333 |
|
|
Ayuntamiento |
|
Dirección |
Searas, s/n |
|
Código postal |
27773 |
|
Teléfono |
982 55 85 81 |
|
Fax |
982 55 85 04 |
|
Oficina Turismo |
Contactar con telf. citado |
|
Web Oficial |
Alfoz diputacion |
|
Web de Interés |
Informacion Alfoz |
|
E-mail municipio |
-------- |
|
As parroquias de Castro de Ouro, Carballido, Mor
e Oiras, xunto cos concellos de Foz e Mondoñedo
encárganse de arroupar esta parroquia. Pertencente
ao arciprestazgo de O Valadouro. Ten 333 habitantes
repartidos en 27 entidades de poboación, cunha
densidade media de 20'7 hab/Km2 (2004).
Situacion xeografica da capital parroquial: Latitude: 43º 31' Lonxitude: 7º 23' Superficie: 16,08 Km²
Nesta parroquia existen varios monumentos que se poden visitar (aínda que algúns é necesario concerta-la visita antes de efectuala). O primeiro está situado na aldea do Coto. É a Capela dos Remedios e de San Rosendo. Esta capela ten unha soa nave, coa sancristía na parte posterior e con cuberta a dúas augas; arco adintelado na entrada e culminando a fachada, unha pequena espadana dun vano. No interior hai retablo con esculturas. Os seguintes tres monumentos atópanse na aldea da Igrexa. O primeiro deles é a Igrexa parroquial de Santiago de Adelán. A igrexa actual é o fruto dunha serie de intervencións ao longo dos seculos. Do seculo XII consérvanse algúns elementos, aínda que a parroquia xa existía no seculo VII (outras testemuñas din que hai documentos que tamén se refiren á parroquia de San Vicente de Lagoa do mesmo século) e hai autores que datan a portada no seculo X, pero o resto da construción é do seculo XVII. Ten tres naves separadas por arcos de medio punto e a sacristía situada detrás da cabeceira. A fachada principal conserva a portada románica, con arco de medio punto con duas arquivoltas e columnas con capiteis figurativos; son curiosas as basas, que son en realidade capiteis invertidos, o que fai cavilar na reutilización de elementos arquitectónicos anteriores. Ten espadaña de dous vanos e conservanse retablos no interior. O segundo dos monumentos é a Torre de Adelán a cuio acceso tense dende Burela dirixindonos a Ferreira e dende aquí cara Mondoñedo. A 6.5 qms está Adelán. Aquí debemos acercarnos pola estrada de Mondoñedo ate o ramal que vai en direccion Carballido e San Acisclo, e a 50 metros está o Pazo. O estar en propiedade privada non é visitable. Axardinado e cercado, cun muro de pedra a entrada cunha enmarcadura na porta dun arco. Encontrese nas proximidades da Igrexa Parroquial. Posee dous corpos, a saber; un cadrangular con cuberta a catro auguas e con solana de pedra e o outro constituido por diversas pezas almenadas que representan a Torre. Empregouse cantería na torre e nunha fachada principal. A construcción é sólida, perfectamente coidada cun Escudo da familia. Tamen nesta localidade encontramos a Casa do Pazo de Adelán que é propiedad privada non visitable. Encontrase nunha finca situada nunha zona chan e rodeada de suaves outeiros boscosos. Antes estaba amurallada e agora está dividida polas pistas rurais que a atravesan. Pranta en forma de L, formada por unha torre no ángulo e dous corpos añadidos. Fábricada de mampostería de granito, ten un patín de pedra orientado o poniente. Torre de tres prantas. Casa Grande de Cadeirido construída nunha zona da aldea do mesmo nome é unha propiedade privada non visitable. Ten frondosos bosques próximos e fermosas vistas sobre o val do Río de Ouro. Non está amurallado. Do antigo conxunto só queda a torre, case cadrada e de tres altitudes, cos edificios añadidos máis baixos. Cuberta de lousa negra. Na súa construción empregouse mampostería de granito e cantería nos esquinais, vanos, cornixas, etc. da Torre. O corpo engadido na zona Norleste presenta unha porta co arco cego de medio punto apoiado sobre zapatas e dúas grandes pedras cunha aguia e un año talados. Seguindo as tradicións deste lugares, en canto a pazos nos que non se permite visita, temos o Pazo da Escoura, de planta en escuadra con torre no ángulo, muros de mamposteria e cuberta de laxas. Está formado por tres volumes, a saber; as duas ás de dúas prantas e a torre de tres prantas. Os novos volumes añadidos distorsionaron a imaxe do edificio orixinal. Na fachada posterior existe unha escaleiriña que daba acceso a unha galería. E como non, tamen podemos falar do Pazo de Basanta, contruido no seculo XIV pola linaxe dos Basanta. De pranta cadrangular con dous edificios arrimados formando un conxunto entre o Pazo e a Torre. Fabricado en cadeiria de granito e cuberto con lousa a catro augas. A torre, de tres prantas e base cadrada, esta rematada, coam o resto do pazo, cunha cornisa moldeada e saintes almerados. Conservase en bo estado, e mesmo hai quen testemuña que este Pazo é coñecido como o Pazo de Adelán. |